Aberta a convocatoria de Becas MEC para o curso 2019-2020

O 31 de xullo  publicouse a convocatoria de becas xerais  para estudantes que cursen estudos postobligatorios (universitarios e non universitarios) para o curso 2019/2020.

ESTUDOS NON UNIVERSITARIOS

As becas xerais para estudos non universitarios  diríxense a estudantes que estean matriculados nalgún dos seguintes niveis:

  • Bacharelato
  • Formación Profesional de Grao Medio e de Grao Superior
  • Ensinanzas Artísticas Profesionais
  • Ensinanzas Deportivas
  • Ensinanzas Artísticas superiores
  • Estudos relixiosos superiores
  • Estudos de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia
  • Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior, impartidos en centros públicos e privados concertados
  • Formación Profesional Básica

Nota: As becas para estudos militares superiores e estudos de acceso á  universidade para maiores de 25 anos deberán solicitarse na páxina de beca xeral para estudos universitarios.

A presentación de solicitudes é de xeito telemático e o prazo remata o 1 de outubro

ESTUDOS UNIVERSITARIOS

As becas xerais  para estudos universitarios dirixense a estudantes que estean matriculados nalgún dos seguintes niveis:

  • Ensinanzas universitarias adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior conducentes a títulos oficiais de Grao e de Máster,  incluídos os estudos de Grao e Máster cursados nos centros universitarios de Defensa e da Garda Civil.
  • Curso de preparación para acceso á universidad de maiores de 25 anos impartido por universidades públicas.
  • Créditos complementarios ou complementos de formación para acceso u obtención do título de Máster ou Grado.

Non se inclúen nesta convocatoria as becas para a realización de estudos correspondentes ao terceiro ciclo ou doutorado, estudos de especialización nin títulos propios das unversidades.

A presentación de solicitudes é de xeito telemático e o prazo remata o 15 de outubro

Máis información http://www.educacionyfp.gob.es/educacion/mc/becas-generales/2019-2020/inicio.html

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025