
O Concello de Boqueixón continúa este venres 16 de agosto o seu programa Noite de Cine, desenvolvido grazas ao apoio da Deputación provincial de A Coruña. A cita será ás 22.30 horas no Campo da Festa da parroquia de Oural. Proxectarase o filme Maimiño, ofrecendo, deste xeito, unha amena velada dirixida a toda a familia.
