
Unha empresa de traballo temporal fíxolle chegar ao Concello de Boqueixón un aviso de oferta de emprego para a vendima.
A compañía selecciona persoal para a recollida de uva nunha adega situada na comarca de Santiago.
Non é necesaria experiencia, pero si contar con coche propio ou un vehículo para desprazarse así como dispoñibilidade inmediata.
Ofrécese contrato a xornada completa durante a tempada de vendima e salario segundo convenio.
As persoas interesadas en participar nesta selección poden chamar ao 881 240 312 ou escribir ao enderezo electrónico csouto@imancorp.es
