Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Formación e emprego

Apertura de presentación de solicitudes para o Obradoiro Dual de Emprego ‘Ulla-Boqueixón-Touro-Vedra 2019’, ata o 10 de outubro

7 de outubro de 2019

OfertaObradoiroDualEmpregoBoqueixon

Promovido polos concellos de Touro, Boqueixón e Vedra e financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, para formar a 20 desempregados/as maiores de 18 anos na especialidade de:

  • “ REPOBOACIÓNS FORESTAIS E TRATAMENTOS SILVÍCOLAS” ( Nivel de cualificación profesional 2)
  • “ACTIVIDADES AUXILIARES EN CONSERVACIÓN E MELLORA DE MONTES” (Nivel de cualificación profesional 1)

Para poder participar neste obradoiro como alumnos/as traballadores, as persoas interesadas deberán cumprir  os seguintes requisitos:

  1. Estar desempregadas e inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia.
  2. Ter unha idade igual ou superior aos dezaoito anos.
  3. Cumprir os requisitos requeridos para asinar contrato de formación e aprendizaxe durante toda a duración do obradoiro.
  4. Nivel de estudos segundo nivel de cualificación das especialidades formativas que se van impartir: Para nivel 1: Non se require formación // Para nivel 2:   ESO u titulacións equivalentes.

Os/as interesados/as deberán inscribirse na Oficina de Emprego Santiago-Norte como candidatos/as ao Obradoiro de Emprego “Ulla, Boqueixón-Touro-Vedra”, na especialidade indicada e coas claves: 340 ou 370.

PRAZO: Ata o vindeiro 10 de outubro.

As persoas interesadas en participar no proceso de selección para o PERSOAL DOCENTE E DE APOIO nos postos de director, docentes das especialidades indicadas, administrativo e titor, poden informarse nos Concellos implicados ou uns Oficinas de Emprego.

 

Compartir
WhatsApp Facebook Correo