
O Concello vén de recibir a seguinte oferta de emprego da empresa Limpergal. Con centro de traballo en Boqueixón, busca cubrir un posto de limpiador.
A xornada laboral é de 8 horas, un día á semana, preferiblemente os mércores. Tamén existe a posibilidade de facer 4 horas en dúas xornadas consecutivas. Ofrécese a posibilidade de ampliar xornada en centros localizados en Santiago.
As persoas interesadas deberán remitir o seu currículo a serviciosgenerales@limpergal.com.
