O Concello de Boqueixón vén de facer público o listado definitivo de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo para a contratación de técnico/a de información turística en réximen laboral temporal a cargo da subvención DP0029/2020 da Deputación da Coruña. A listaxe pódese consultar no arquivo adxunto ou premendo nesta ligazón.
Lémbrase ás persoas seleccionadas data, hora e lugar para a realización da proba escrita:
- Data: 9 de xullo de 2020
- Hora: 09:00h.
- Lugar: CPI Antonio Orza Couto, lugar de O Forte s/n, 15881 Boqueixón (A Coruña)
