
O Concello de Boqueixón sumouse á acción de visibilidade da ELA (esclerosis lateral amiotrófica) iluminando de cor verde a fachada da casa consistorial e baixo a lenda “#Luzporela”. Unha iniciativa coa que o Concello de Boqueixón conmemorou o pasado 21 de xuño o Día Internacional da ELA.
A esclerose lateral amiotrófico probablemente sexa unha das enfermidades máis devastadoras ás que se pode enfrontar calquera persoa e calquera familia. Por iso é fundamental darlle visibilidade e que a sociedade comprenda a qué se enfrontan as persoas ante este fatal diagnóstico.
