Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): Boqueixon, SERVICIOS SOCIAIS
  • Publicada o 27 octubre 2021

Boqueixón edita a unidade didáctica “Alén loita e acariña” para traballar sobre violencia de xénero desde unha perspectiva próxima ás crianzas

Unidade didáctica

A Biblioteca Municipal acolleu esta tarde a presentación da unidade didáctica “Alén loita e acariña”, unha iniciativa baseada no libro do mesmo nome editado en 2020 e que foi promovida polo CIM de Boqueixón dentro das actividades con motivo da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero (25N). Ao igual co conto infantil, a unidade didáctica “Alén loita e acariña” permitirá ao profesorado falar desde unha perspectiva próxima ás crianzas sobre a violencia de xénero e o acoso escolar.

O acto de presentación foi presidido polo alcalde, Manuel Fernández Munín, quen estivo acompañado pola directora do CIM de Boqueixón, Cristina Carbajales, e polas dúas autoras do libro: Yolanda Neira, psicóloga do CIM de Boqueixón e que se encargou dos textos, e Blanca Millán, ilustradora local.

O rexedor destacou “estamos satisfeitos de poñer a disposición da comunidade escolar de Boqueixón unha ferramenta de traballo para educar desde a base e contra da violencia de xénero e o acoso escolar”. Fernández Munín felicitou ao CIM de Boqueixón pola iniciativa, das que se distribuirán 300 exemplares nos centros educativos do municipio.

Traballar cos escolares

Pola súa banda, Cristina Carbajales sinalou que esta unidade didáctica demostra que «é posible sensibilizar e previr dende a base e dunha forma lúdica e educativa porque a rapazada as cousas éntranlle mellor se se lles expoñen dunha forma que lles guste”. Carbajales destacou o traballo levado a cabo por Yolanda Neira e Blanca Millán para ter lista esta unidade didáctica. «Ademais, facemos que pais e nais se eduquen, que compartan un tempo cos menores e reflexionen sobre certos comportamentos. Lograr a igualdade é difícil, pero día a día imos mellorando».

“Despois da presentación de hoxe repartiremos as unidades didácticas entre os centros educativos para despois poñer en marcha unha programación ao redor do conto e da unidade” anunciou Yolanda Neira. Así, primeiramente realizaranse unhas sesións de contacontos de “Alén loita e acariña” que servirán “como punto de partida para logo traballar a unidade didáctica nas aulas, un labor que será levado a cabo polo equipo docente ao longo das próximas semanas”.

Así, están programadas dúas xornadas de contacontos impartidas por Yolanda Neira que terán lugar o mércores 3 e o xoves 4 de novembro na biblioteca municipal para escolares de Primaria e no CPI Antonio Orza Couto para escolares de Infantil, respectivamente. Ademais, coincidiu coa directora do CIM en que este material «está enfocado a crear espazos de reflexión en familia».

A unidade didáctica completouse co labor de Blanca Millán, encargada de realizar as ilustracións, quen apuntou que “o reto é facer que os nenos queiran traballar sobre un tema que lles é alleo pero serve para facerlles ver que eles son os únicos que poden facer que eses problemas desaparezan”. Ademais destacou que a edición da unidade didáctica “permitirá traballar nas aulas e complementará a lectura do conto infantil xa que é un caderno moi dinámico e que demostra que o ensino pode ser divertido”.

Esta iniciativa inclúese dentro da programación especial que o Centro da Información á Muller de Boqueixón organiza con motivo da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero e conta co apoio da Secretaría Xeral de Igualdade e de Fondos Europeos.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}