Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): Boqueixon, SERVICIOS SOCIAIS
  • Publicada o 23 noviembre 2021

O Pleno Infantil de Boqueixón pon sobre a mesa varias propostas a nivel local para loitar contra o cambio climático e coidar o medio ambiente

Pleno Infantil

O salón de Plenos do Concello de Boqueixón acolleu a sexta edición do Pleno Infantil, unha actividade organizada polo Departamento de Servizos Sociais para conmemorar o Día Internacional dos Dereitos dos Nenos e das Nenas. Un total de 28 nenos e nenas de 6º de Primaria do CPI Antonio Orza Couto acudiron á casa consistorial para trasladarlle ao alcalde, Manuel Fernández Munín, e á concelleira de Ensino, Marta Copóns Neira, as súas reflexións e propostas contra o cambio climático e coidar o medio ambiente.

Fernández Munín deu a benvida á rapazada pedíndolles que sexan exemplo “do respecto ás 3 R: reciclar, reutilizar e reducir, sabendo que reciclar non é so separar o lixo, senón tamén consumir menos e concienciar ás persoas adultas para que coñezan que so entre todos poderemos loitar contra o cambio climático e coidar do noso medio ambiente”. Neste sentido, agradeceu “que compartades connosco as vosas ideas e propostas para facer de Boqueixón un concello aínda máis sensibilizado co respecto ao medio natural”.

Propostas

Os primeiros en tomar a palabra foron os 11 “concelleiros/as” sentados na mesa de plenos, que propuxeron cadansúa proposta sobre distintas temáticas, que foron respondidas unha a unha polo alcalde boqueixanés. As propostas foron do máis variado. Algunhas delas moi sorprendentes como as de Noa, quen propuxo reducir o gasto en luces de Nadal; ou Simón, quen propuxo entregar á veciñanza botellas para recoller a auga que substitúan ás de plástico. O alcalde tomou nota da interesante proposta de Simón, ao tempo que lle explicou a Noa que o Concello tamén ten que apoiar ao comercio local con ese alumeado de Nadal, pero que xa está reducindo o consumo de enerxía implantando tecnoloxía LED.

O resto das propostas incluían o aumento de papeleiras para os peregrinos que fan as distintas rutas xacobeas que pasan por Boqueixón, aumentar las charlas sobre reutilización de materiais, instalar grifos automáticos en todos os edificios públicos, empregar bombillas LED ou aumentar as áreas naturais e de xogo para a cativada. Unha vez rematadas as propostas, o resto da rapazada animouse a plantexar as súas propias reclamacións. Algunhas delas relacionadas co medio ambiente (a problemática dos vertidos incontrolados ou a necesidade de aumentar os contedores para a recollida de vidro no rural) e outras temáticas (pasos de peóns e semáforos).

Ao rematar, a concelleira de Ensino entregoulles a cada alumno/a unhas pulseiras, chapas e material contra a violencia de xénero, ao tempo que insistiu “na necesidade de que fagades chegar ás vosas familias a importancia de coidar o medio ambiente e reciclar”. Este Pleno Infantil levouse a cabo dentro das actividades dirixidas á infancia e á adolescencia propostas por Unicef Galicia.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}