Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): AXUDAS, Boqueixon, SERVICIOS SOCIAIS
  • Publicada o 14 diciembre 2021

O Concello de Boqueixón informa sobre o programa de termalismo do Imserso 2022

Termalismo

Normativa

  • Orde SSI/1688/2015, de 30 de xullo, pola que se regula o Programa de Termalismo do Instituto de Maiores e Servizos Sociais. (BOE nº 190 do 10/08/2015). Novidades da nova Orde
  • Información do Programa de Termalismo do Imserso 2021(24/11/2021)
  • Resolución do 16 de novembro de 2021, do Instituto de Maiores e Servizos Sociais, pola que se convocan prazas para pensionistas que desexen participar no Programa de Termalismo. (BOE nº 284 do 27/11/2021)

Requisitos das/dos usuarias/os

  1. Poderán participar no Programa de Termalismo, as persoas residentes en España, que reúnan algún dos seguintes requisitos:
  • Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema de Seguridade Social español.
  • Ser pensionista de viuvedade con cincuenta e cinco ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
  • Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con sesenta ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
  • Ser persoa asegurada ou beneficiaria do Sistema da Seguridade Social español, con sesenta e cinco ou máis anos de idade.
  1. As persoas usuarias de praza deben reunir os seguintes requisitos:
  • Non padecer alteracións de comportamento que poidan alterar a normal convivencia nos establecementos, ni padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
  • Poder valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria.
  • Precisar os tratamentos termais solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.
  • Acadar, de conformidade coa baremación establecida, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas. Ponderaranse as seguintes variables:
    • Grao de necesidade de recibir os tratamentos termais.
    • Situación económica dos solicitantes.
    • Idade dos solicitantes.
    • Que non desfrutara da praza en anos anteriores.
    • Se o/a solicitante e membro dunha familia numerosa.
    • Outras circunstancias excepcionais non contempladas nas variables anteriores.
  1. Igualmente, poderán participar no programa as persoas de nacionalidade española, que residan no estranxeiro, sempre que perciban unha pensión do Sistema de Seguridade Social español e conten coa idade exixida no parágrafo 1 anterior, ou sexan asegurados ou beneficiarios do Sistema da Seguridade Social, con idade igual ou superior a 65 anos, e  en todos os supostos, reúnan o resto dos requisitos exixidos ás persoas usuarias no parágrafo 2 anterior.
  2. Tamén poderán ser adxudicatarios das prazas, como acompañante, o cónxuxe ou a parella de feito ou persoa coa que se constitúe unha unión estable e de convivencia con análoga relación de afectividade á conxugal, sen necesidade de que estes reúnan algún dos requisitos exixidos no parágrafo 1 e, en todo caso, cumprindo os requisitos previstos no parágrafo 2.

Así mesmo, poderán ser adxudicatarios de praza, os fillos con discapacidade, en grao igual ou superior ao 45 %, sempre que a quenda o desfruten cos seus pais e se aloxen na mesma habitación.

Prazas e quendas convocadas:

Convócanse 192.000 prazas para participar no Programa, a desenvolver nas quendas e balnearios que se relacionan no anexo I.

Sen prexuízo do anterior, esta convocatoria contempla a oferta de prazas para establecementos termais que formalicen os seus contratos co Imserso no ano 2022.

O tipo de tratamento termal a impartir por cada balneario, así como o prezo a pagar polos participantes e acompañantes, por praza e quenda tamén se especifica no anexo I.

As quendas, que poderán ter unha duración de 12 días (once pernoctacións) ou de 10 días (nove pernoctacións) cada un, realizaranse en réxime de pensión completa e comprenderán desde as doce horas do día de chegada ata as doce horas do día de saída.

O Programa desenvolverase durante o período comprendido entre o mes de febreiro e o mes de decembro de 2022.

Servizos

  • Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en habitacións dobres de uso compartido.
  • Tratamentos termais que comprenderán: recoñecemento médico ao ingresar no balneario; o tratamento termal que, en cada caso, prescriba o médico do balneario; o seguimento médico do tratamento.
  • Actividades de lecer e tempo libre ofertadas gratuitamente polo balneario.
  • Póliza colectiva de seguro turístico.

En todo caso, os beneficiarios das quendas realizarán os desprazamentos aos establecementos termais, así como o de regreso aos seus domicilios, directamente polos seus propios medios.

Con todo, o transporte por conta do balneario, nos casos que se expresan no anexo I indicado na columna final, realizarase desde a localidade máis próxima ao balneario con transporte público ata a estación termal ao comezar a quenda e o regreso, ao finalizar o mesmo.

O Imserso contribuirá ao financiamento do custo das prazas cunha achega media por praza de 184,08 euros, oscilando o seu importe entre 131,90 euros e 219,97 euros, en función do tipo de quenda e o seu mes de desenvolvemento. Esta achega farase efectiva directamente polo Imserso ao establecemento termal.

Prezo e forma de pago das prazas

O prezo para pagar polos usuarios e, no seu caso, os acompañantes, por praza e quenda, ascende ás cantidades que se sinalan, para cada balneario, mes e tipo de quenda, no cadro anexo I.

As persoas usuarias, e no seu caso os acompañantes, abonarán o custe das prazas da seguinte forma:

  1. Con antelación á súa incorporación no balneario e nos  prazos que se determinen na notificación de concesión de praza, abonarán, en concepto de gastos por reserva de praza, 40 euros, por praza adxudicada.
  2. A diferencia entre o custe da praza e a cantidade abonada en concepto de reserva, ao ingreso no establecemento termal.

Documentación

  • Solicitude telemática  |  Solicitude 2022 (pdf).
  • A Declaración sobre o estado de saúde efectúaa o propio solicitante e, no seu caso o seu cónxuxe. Non precisa ir ao médico para que a cumprimente.

Lugar de presentación

  • Servizos Sociais Comunitarios
  • Centros dependentes da Consellería de Politica Social (centros sociocomunitarios, clubes da terceira idade, etc.)
  • Xefaturas Territoriais da Consellería de Política Social

Para encher e presentar as solicitudes disponse dos seguintes medios:

– Pola súa sinxeleza, rapidez e seguridade, recoméndase a presentación de novas solicitudes de forma telemática a través da sede electrónica do Imserso. O acceso á solicitude deste procedemento non require autenticación electrónica (Cl@ve, certificado electrónico ou DNI electrónico) por parte da persoa interesada.

– Descargar e cumprimentar a solicitude e remitila por algún dos seguintes medios:

  • A través dos rexistros electrónicos e oficinas relacionados no artigo 9 da Orde SSI/1688/2015, do 30 de xullo, pola que se regula o programa de termalismo do Imserso
  • En sobre franqueado, non por correo certificado, á dirección: Programa de Termalismo do Imserso, apartado de correos 61.285 28080 Madrid.

Prazo de presentación

Establécense dous prazos para a presentación de solicitudes:

a) Para participar no proceso de adxudicación de praza:

  1. Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ata o día 31 de decembro de 2021.
  2. Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ata o día 15 de maio de 2022.

b) Para a súa inclusión na Lista de Espera de prazas, para cubrir as prazas que vaian quedando vacantes por renuncias ou outras circunstancias:

  1. Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ata o día 14 de maio de 2022.
  2. Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ata o día 30 de outubro de 2022.

Sen prexuízo de que as persoas solicitantes poidan formular a súa solicitude nos prazos e termos establecidos anteriormente, coa finalidade de simplificar trámites, remitiranse comunicacións singulares a todas as persoas solicitantes que, reunindo os requisitos da convocatoria do ano anterior, os seus expedientes estean completos.

Máis información:

  • Balnearios participantes por Comunidade Autónoma 2022 e prezos
  • Balnearios participantes
  • Web IMSERSO 
  • Teléfonos: 901 109 899 / 900 406 080
  • Servizos Sociais do Concello de Boqueixón

SOLICITUDES: DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS CON CITA PREVIA (981 513 106).

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}