Ir al contenido

Concello de Boqueixón

  • O CONCELLO

    GOBERNO

    • Alcaldía
    • Áreas Municipais
    • Xunta de Goberno
    • Actas Xunta de Goberno
    • Decretos
    • Ordenanzas

    O PLENO

    • Corporación
    • Actas
    Anterior
    Siguiente

    Teléfono 981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CONTACTA CON NOS
  • CORREO
  • SEDE ELECTRÓNICA
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): Boqueixon, OBRAS E URBANISMO
  • Publicada o 11 febrero 2022

O Concello de Boqueixón destinará o POS+2022 ao arranxo de 31 estradas de todas as parroquias

Pleno Boqueixon

O Pleno de Boqueixón, reunido en sesión extraordinaria e telemática, aprobou o Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal POS+2022, que suma un total de 379.262,43 euros. Un plan que o Goberno municipal destinará ao arranxo de 31 estradas do municipio, atendendo ás necesidades detectadas nas distintas parroquias. O POS+2022 foi aprobado cos votos a favor do PP e o voto en contra de Veciños de Boqueixón.

O alcalde, Manuel Fernández Munín, explicou que “a elección das obras fíxose atendendo ao estado das estradas, polo que destinaremos os 198.737,40 euros da Achega Provincial 2021 aos viarios en peor estado de conservación e as demais as incluiremos no Plan Complementario”. O alcalde de Boqueixón indicou que o equipo de Goberno “valorou proxectos de obras por máis de 900.000 euros” e anunciou que “tentaremos acometelos todos eles con cargo ao Remanente de Tesourería”.

Así, o Concello de Boqueixón destinará os 180.525,03 euros da Achega 2022 a gasto corrente, que serán investidos sobre todo a costear o consumo enerxético. Así mesmo, o Concello decidiu renunciar aos 13.539,38 euros do Préstamo 2022 “xa que non temos ningunha débeda bancaria”, puntualizou Fernández Munín.

31 actuacións en estradas

Os 198.737,4 euros da Achega 2021 investiranse en dous proxectos de obra de mellora do firme de 21 camiños municipais. Así, o proxecto de mellora do firme do acceso á Carballeira (Sucira) e outros investirá 104.150,3 euros na mellora do firme dunha ducia de viarios:

  1. Acceso á Carballeira (Sucira)
  2. Interiores en Reboredo
  3. Camiño en Maravexás
  4. Camiño de Casalvieito á AC-240
  5. Camiño da Fonte de Loureiro
  6. Camiño da AC-240 ata o límite con Touro
  7. Camiño da AC-960 a Mato
  8. Interiores en Vilaboa
  9. Interior en Senande
  10. Camiño da AC-261 ao Monte do Rubio
  11. Accesos en Vilaboa
  12. Interiores en Piñeiro de Abaixo

Pola súa banda, o proxecto de mellora do firme do camiño de Rodiño Pequeno a Casanova e outros, cun orzamento de 94.587,10 euros, inclúe melloras na plataforma dos seguintes nove viarios:

  1. Do camiño de Rodiño Pequeno a Casanova
  2. Do camiño da Cooperativa ao parque de Gándara
  3. Interiores en Gándara
  4. De Deseiro de Arriba a Quián
  5. Acceso a camiño de servizo en Lestedo
  6. Rúa Leoncio Millán
  7. Da pista da travesía de Milleirós ao acceso aldea
  8. Da pista da travesía de Milleirós a Salgueiral
  9. Da pista de acceso ao cemiterio de Rubial

Así mesmo, o Pleno aprobou un Plan Complementario por un importe de 288.218,4 euros distribuídos en tres proxectos de obras:

  1. Mellora do firme dende o cruce de Ardilleiro Grande ao cruce de Ardilleiro Pequeno, por un importe de 106.451,29 euros.
  2. Mellora do firme do viario do camiño de Pumares á fábrica de formigón, por 102.376,08 euros. Este proxecto inclúe un total de 6 actuacións de mellora de viarios:- Do camiño de Pumares á fábrica de formigón
    – Da Pena ao límite con Touro
    – Do polígono industrial a Deseiro de Arriba
    – Do camiño de Quián a Ardilleiro
    – Do camiño de Ramil á rúa Tucho Quinteiro
    – Dunha pista en Pazos
  3. Mellora do firme do viario do camiño dende o cruceiro de Pousada a Granxola e outros, por 79.391,03 euros. O proxecto inclúe tres actuacións de mellora de viarios:
    – Do camiño dende o Cruceiro de Pousada a Granxola
    – Do camiño de AC-240 a Loureiro
    – Do camiño de Pumariño a cruce da estrada Igrexa

O voceiro do Grupo de Goberno, José Manuel Iglesias, destacou que o Concello destinará estes cartos “a 31 actuacións que se desenvolverán en 2022 en distintas estradas atendendo ás necesidades detectadas nas distintas parroquias do concello”, lembrando que “estamos abertos a calquera suxerencia da oposición”, destacando que “o consenso é fácil porque a elección responde a necesidades reais”. Un punto no que o alcalde puntualizou que “se atenderon algunhas demandas dos concelleiros da oposición”.

Plan Adicional

O Plan Adicional 2022 para gastos sociais foi aprobado por unanimidade. O alcalde explicou que os 63.183,76 euros do plan serán investidos, sobre todo, no servizo de atención á dependencia, nas súas distintas modalidades, así como na financiación do programa de prevención de dependencias, material de estimulación cognitiva para os maiores e atención de persoas en situación de necesidade. Finalmente, o pleno aprobou por unanimidade unha modificación do artigo 5 da ordenanza da escola infantil Raíña Lupa.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2023

2023 Concello de Boqueixón

@lmco 2023

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
Administrar opciones Gestionar los servicios Gestionar {vendor_count} proveedores Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
{title} {title} {title}