
Máis de 160 persoas encheron o auditorio da casa da cultura de Camporrapado para asistiren a posta en escena de “Terapia alternativa”, obra do grupo de teatro de maiores do Centro Social de Vedra. Unha actuación que serverá de adianto á estrea de “Un morto moi vivo”, que terá lugar neste mesmo escenario o vindeiro sábado 7 de maio, ás 19:00 horas, por parte do Club de Maiores de Boqueixón.
A asistencia é de balde, previa inscrición no departamento de Cultura (981 513 115) ou cultura@boqueixon.gal.
