
O Concello de Boqueixón organiza unha ruta guiada gratuíta, “Unha volta ó Pico”, pola contorna do Pico Sacro o próximo domingo, 4 de setembro.
A saída está prevista para as 9:30 horas desde a igrexa de Santa María de Lestedo. As persoas que participen terán ocasión de visitar o Pico Sacro, o antigo cemiterio de Lestedo e a igrexa da Granxa. O itinerario rematará no campo da feira de Lestedo.
Terá unha duración aproximada de 3 horas. As persoas interesadas poden ampliar a información chamando ao 981 513 061.
