
O Concerto singular de Píscore, baixo a dirección de catro músicos con 16 baquetas e unha marimba causou sensación, entre os asistentes ao campo da feira de Lestedo. Unha comedia musical e xestual que naceu na primavera do 2016 e que homenaxea co seu nome á famosa “Esther Píscore”, trasunto da musa da danza, Terpsícore.
