Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Cultura

O mago Paco ateigou o local social de Lestedo co seu “Hocus Pocus”

5 de setembro de 2022

O espectáculo Hocus Pocus, do mago Paco, ateigou este domingo o local social de Lestedo, despois de que a choiva obrigara a cambiar o campo da feira por un lugar a cuberto. Un espectáculo de maxia cómica, dirixido a nenos e nenas a partir dos 3 anos, organizado polo Concello de Boqueixón en colaboración coa Xunta de Galicia.

Durante a súa actuación, o mago Paco ofreceu un espectáculo de maxia infantil cheo de elementos visuais, risadas, cores e con moitas sorpresas para un público moi participativo, cheo de complicidade co mago e que proporcionou momentos divertidos e inolvidables.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo