Unhas 35 persoas participaron este pasado sábado 8 de outubro na ruta Dornelas-Pico Sacro, organizada pola Asociación de Municipios do Camiño de Inverno para conmemorar o Día do Camiño. Unha iniciativa na que contou coa colaboración dos Concellos de Boqueixón e Vedra, cuxos alcaldes, Manuel Fernández Munín e Carlos Martínez, se sumaron á iniciativa.
A expedición saíu a primeira hora de Dornelas para cubrir os 18 quilómetros que os separan do Pico Sacro, onde tivo lugar unha degustación de produtos locais de Boqueixón e Vedra antes de que un autobús os levara de volta ao punto de saída.