
O Concello de Boqueixón, en colaboración co Instituto Galego de Consumo e da Competencia, organiza unha xornada informativa sobre dereitos básicos das persoas consumidoras en servizos financeiros. Durante a charla, técnicos de Consumo achegarán aos veciños e veciñas de Boqueixón información e asesoramento en mateira bancaria e financeira
A xornada terá lugar o vindeiro venres 28 de outubro, ás 17:00 horas, no centro sociocultural de Lestedo. A participación é totalmente de balde, se ben é preciso anotarse no Departamento de Cultura: 981 513 115.
