Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Cultura

Máis dun cento de veciños e veciñas desfrutan da comedia DEP na Casa da Cultura de Camporrapado

24 de outubro de 2022

O auditorio da Casa da Cultura de Camporrapado quedou pequeno na tarde de onte domingo para acoller ao público asistente á actuación de Malasombra Produccións, que puxeron en escena “DEP”, unha divertida comedia de enredo.

A próxima cita co teatro será xa o vindeiro mes de novembro, co ciclo de teatro amador “BocaAberta”, que dará comezo o domingo 6 de novembro, ás 17:30 horas, co Club de Maiores de Boqueixón, que volverá a representar a súa divertida obra “Este morto está moi vivo”. A entrada será de balde, previa reserva no Departamento de Cultura do Concello de Boqueixón (981 513 115).

Compartir
WhatsApp Facebook Correo