O Boqueixogo do sábado 6 de xaneiro incluirá unha chocolatada para todas as persoas asistentes

O Concello de Boqueixón organiza unha nova edición do Boqueixogo, que terá lugar este sábado 6 de xaneiro, de 17:30 a 20:30 horas, no polideportivo municipal do Forte. Haberá inchables e obradoiros para todos os nenos e nenas que se acheguen, así como unha chocolatada para todas as persoas asistentes. A participación é totalmente gratuíta e non é preciso anotarse previamente.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025