Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): Boqueixon, DESTACADAS
  • Publicada o 18 enero 2024

Boqueixón presenta o programa da 41ª Festa da Filloa de Lestedo

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro Tato; e o presidente da Asociación Cultural da Filloa, José Manuel Canabal, presentaron esta mañá no CIFP Compostela o programa da 41ª edición da Festa da Filloa de Lestedo, que terá lugar en Boqueixón o domingo 18 de febreiro. Un acto no que estiveron acompañados polo xerente da Axencia de Turismo de Galicia, Antonio Casas Calviño; o director do CFIP Compostela, Ramiro Esparís, e a actriz e presentadora María Mera.

O alcalde de Boqueixón agradeceu o traballo realizado tanto polos veciños e veciñas como pola Asociación Cultural da Filloa “para que esta festa culinaria se converta na terceira Festa de Interese Turístico Nacional na provincia da Coruña. Estamos convencidos de que cumpre con todos os requisitos esixidos”. Así mesmo, destacou o traballo dos veciños e veciñas de Lestedo,  “que lograron situar este pobo e esta parroquia como unha das festas gastronómicas máis importantes de Galicia”.

Un agradecemento ao que se sumou José Manuel Canabal, quen confirmou que “o Día Grande coincidirá coas eleccións autonómicas. Non é a primeira vez que sucede, polo que estamos convencidos de que ese domingo todos imos sacar tempo para ir votar e, de paso, achegarnos a degustar unhas filloas a Lestedo”. Así mesmo, confirmou que a sétima edición do Gran Desfile Intermunicipal dos Xenerais da Ulla contará coa participación de máis de medio cento de xenerais e xeneralas e que “as máquinas filloeiras comezarán a traballar ás 8 da mañá, con capacidade para facer preto de 2.000 filloas cada hora, e ao seu carón haberá filloeiras e filloeiros preparando todo tipo de elaboracións: filloas á pedra, recheas, doces…”.

Finalmente, Antonio Casas destacou que “a Festa da Filloa de Lestedo e os Entroidos dos Xenerais da Ulla son dúas das nosas festas de interese turístico e tamén son unha excelente ocasión para demostrar que, fora da temporada alta, o noso territorio ofrece atractivos máis que suficientes para visitala”.

Programación paralela

A partir de hoxe, comezan intensas semanas de promoción da Festa da Filloa. Así, mañá venres 19 de xaneiro abrirase o prazo para participar na cuarta edición do Concurso Fotográfico “Filloarte”, onde calquera persoa poderá presentar ata dúas imaxes de elaboración de filloas, presentacións empratadas de filloas, creatividades en base ás filloas, etc. A única limitación é que non poden aparecer persoas identificables na imaxe. As propostas deben entregarse antes do 11 de febreiro no mail festadafilloadelestedo@gmail.com. As bases poden consultarse na web: www.festadafilloadelestedo.gal.

O vindeiro xoves 25 de xaneiro, a Festa da Filloa de Lestedo será presentada en FITUR, nun acto organizado en colaboración co GDR Terras de Compostela. E do 9 ao 12 de febreiro terán lugar as xa tradicionais “Xornadas gastronómicas da Filloa no centro comercial El Corte Inglés”, en cuxa cafetería haberá degustación gratuíta de filloas por cada consumición en horario de 13:00 a 16:30 horas.

O sábado 10 de febreiro terá lugar a segunda edición da “Festa da Filloíña”, que dará comezo ás 16:00 horas no campo da feira de Lestedo con xogos tradicionais e actuacións de grupos musicais da Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio. Ás 18:00 horas terá lugar o pregón infantil a cargo de alumnos e alumnas do CPI Antonio Orza Couto. Quince minutos despois chegarán os  Atranques de Xeneraliños da Ulla, que rematarán cunha degustación gratuíta de filloas para a rapazada participante no concurso de disfraces infantil. A xornada rematará cun concerto a cargo de Uxía Lambona e a Banda Molona.

Finalmente, o mércores 14 de febreiro terá lugar unha “Escola Filloeira” no campo da feira de Lestedo, un filloacooking  para crianzas entre 10 e 18 anos. E o sábado 17 de febreiro, ese mesmo espazo acollerá a segunda edición do “Filloa Folk”, que este ano reunirá no campo da feira de Lestedo a Roibén (20:00 horas), Susana Seivane (21:00 horas) e A Requinta da Laxeira (22:30 horas).

41ª Festa da Filloa de Lestedo

Finalmente, o programa da 41 Festa da Filloa dará comezo ás 8:00 horas co acendido das máquinas filloeiras, con capacidade para elaborar preto de 2.000 filloas cada hora. A partir das 11:00 horas a música correrá a cargo de grupos musicais da Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio. Ás 12:00 horas terá lugar o VII Gran Desfile Intermunicipal dos Xenerais da Ulla ata o campo da festa, onde ás 13:00 horas darán paso ao pregón de Javier Olleros, chef do Restaurante Culler de Pau, con dúas Estrelas Michelín. O acto será presentado pola actriz María Mera.

Ás 13:45 horas será o momento do Gran Alto dos Xenerais da Ulla que, mediante estrofas rimadas e con moita ironía e humor, falarán de política e temas de actualidade. Durante toda a xornada poderán degustarse diversos tipos de elaboracións de filloas: á pedra, recheas, salgadas, doces, da máquina filloeira… A sesión vermú correrá a cargo do Grupo Ibiza. E pola tarde, o grupo Origen e a orquestra París de Noia protagonizarán a verbena a partir das 18:00 horas.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}