Cruz Roja organiza un curso presencial de persoal de limpeza

O Concello de Boqueixón informa de que a Cruz Roja de Santiago organiza un curso presencial de persoal de limpeza. Consta de 100 horas lectivas e inclúe prácticas en empresas. O curso, que dará comezo o vindeiro luns 18 de marzo, está dirixido a persoas en situación de desemprego e con permiso de traballo en vigor.

Máis información no 981 586 969. Inscricións neste enlace.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025