Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): Boqueixon, DESTACADAS
  • Publicada o 27 junio 2024

Sergude acolle ata este sábado a sétima edición da Feira Galiforest Abanca

A sétima edición da Feira Galiforest Abanca abriu hoxe as súas portas no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude, onde pode visitarse ata o sábado 29 de xullo. Un evento inaugurado esta mañá pola  conselleira do Medio Rural, María José González, quen estivo acompañada polo alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro; o director da Feira Internacional de Galicia ABANCA, Ricardo Durán; o secretario xeral técnico da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, Javier Abad; e os directores xerais de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva; de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez; de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan; o director da Axencia Galega da Industria Forestal, Jacobo Aboal; e o director de ABANCA Agro, Jesús Combarro.

A conselleira do Medio Rural destacou que este evento, consolidado como o maior certame forestal do país, é unha ocasión idónea para “celebrar o sector forestal que tanto nos define e que tanta riqueza e emprego xera na nosa comunidade”. Galicia sitúase como a novena potencia forestal de Europa. A nosa comunidade é líder no sector a nivel nacional e produce anualmente máis de 11 millóns de metros cúbicos de madeira. A conselleira expuxo que o rural galego “defínese pola súa cor verde”, debido a que a comunidade conta con case un millón e medio de hectáreas de bosques, e o 22% do valor produtivo da superficie forestal de España está no noso territorio.

O alcalde de Boqueixón salientou que Galiforest Abanca é unha “feira que se ten consolidado como o maior certame forestal de España e que ten convertido Boqueixón como o punto de encontro do sector forestal na Península Ibérica. Non o digo eu, son os datos: 107 expositores directos, un 11,4% máis ca na pasada edición, que representan a 360 firmas expositores de 28 países. Todo un récord que demostra a importancia do sector forestal en Galicia e a súa potencialidade de cara ao futuro”. Así mesmo, animou aos presentes a desfrutar dos atractivos culturais, paisaxísticos e enogastronómicos do municipio durante a súa estancia.

Concurso de Innovación

Pola tarde tivo lugar o acto de entrega dos premios do Concurso de Innovación Tecnolóxica da feira forestal Galiforest Abanca 2024. Uns premios entregados polo director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez; o director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan; o xefe territorial de Medio Rural en Pontevedra, Antonio Crespo; o alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro; e o director da Feira Internacional de Galicia ABANCA, Ricardo Durán, acompañados polos membros do xurado.

Así, o primeiro premio foi para un cabrestante móbil de tracción “T-Winch”, presentado pola empresa Hitraf. Trátes dunha máquina auxiliar deseñada para outorgarlle seguridade e suxeición tanto á máquina coa que se traballa como ao operario forestal. Destaca por maximiza o factor de seguridade do operario e da máquina forestal en terreos escarpados e de difícil acceso, minimizar os danos do chan ao soportar a forza de freado e tracción da máquina coa que se está traballando e tamén a súa versatilidade para adaptala a diferentes tipos de maquinaria forestal.

Neste Concurso de Innovación tamén se concederon tres menciones. A Mención I recaeu nos guantes anticorte e antivibración clase 2, presentados por Pattones Robert´s, destinados a labores de poda e roza a nivel profesional. Axustados ao pulso mediante puño elástico e peche de velcro, contan con sete capas de tecido anticorte e con reforzo especial de almofada antivibración na palma completa estendida ata as xemas dos dedos que proporciona unha maior protección contra golpes e vibracións durante o manexo de ferramentas e o funcionamento do equipo.

A Mención II foi para RoboPlus, a primeira máquina radiocontrolada do mundo con motor Stage V de 100 CV. Presentado por Murat – Energreen é un portaferramentas teledirixido deseñado para operar nas áreas máis difíciles e pendentes de ata 55º. Conta con PAI (Power Air Intake), un sistema de aspiración do motor térmico que permite manter a máquina sempre nas mellores condicións de eficiencia e garante unha vida útil do motor tres veces maior. Así mesmo, a través do seu sistema Efficiency Control System, pode avanzar sempre á máxima velocidade dispoñible, considerando a potencia do motor térmico e a vexetación presente.

A Mención III foi concedida á procesadora taladora de eucalipto e piñeiro presentada por Forest Pioneer. Trátase dun novo segmento de procesadora/taladora made in Galicia que tecnicamente se achega ás prestacións dunha máquina Premium propiamente forestal e economicamente asimílase ao prezo de compra dunha escavadora de Obra Pública. Unha máquina que se posiciona entre estes dous segmentos cun prezo moi competitivo medio de 400.000 euros e con gran rendemento, ergonomía e seguridade. Un novo segmento de procesadora/taladora con obxectivo de fabricación en Galicia para todo o mundo.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}