
O Concello de Boqueixón informa de que a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela organiza un curso gratuíto de Tarefas Administrativas Básicas de 60 horas lectivas. Terá lugar do 14 ao 29 de outubro, en horario de 9:00 a 14:00 horas, na sede da Cámara compostelá (Rúa República Checa, 40).
Dirixido a persoas emprendedoras traballadoras ou desempregadas, existe a posibilidade de conseguir unha bolsa de 3€/día de axuda para o transporte.
Máis información: ana.otero@gdoce.es ou chamando ao 636 936 791. Inscricións neste enlace.
