A Tequerreté presenta a comedia «Sons» o sábado 21 na Casa da Cultura de Camporrapado

A Casa da Cultura de Camporrapado acollerá este sábado 21 de marzo, ás 18:00 horas, a comedia «Sons», por parte da compañía «A Tequerreté». As actrices Eva Rosende, Marina Nieto e Fran García representarán unha obra de Mayra Fernández e Nacho Ortega, dirixida e adaptada por Paco Luna. A entrada é libre e de balde, ata completar aforo.

«Sons» é unha comedia de 50 minutos de duración dirixida a un público infantil e familiar. A súa sinopse é a seguinte: a curiosidade de Sol, unha pequena agoniada polo estrés dos ruidos que nos arrodean, levaraa a  atoparse con Remi, sempre acompañada dunha misteriosa caixa, cun Son que soña con mudar o seu triste destino e co romántico Violín á busca eterna da súa namorada. Con eles descobriremos que non todo é como pensamos que debera ser.

 

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025