O Concello de Boqueixón programa «E ti, que queres ser de maior?», unha peza teatral para compartir en familia

O ximnasio municipal de O Forte acollerá o próximo venres 27 de marzo, de 16:00 a 16:45 horas, a obra de teatro «E ti, que queres ser de maior?». Trátase dunha peza teatral de Trémola Teatro con temática en sensibilización en igualdade e dirixido á rapazada de Boqueixón. Unha peza ideal para compartir en familia. A participación é totalmente de balde, sendo preciso anotarse previamente a través de este formulario.

«E ti, que queres ser de maior?» é unha actividade de sensibilización en igualdade organizada polo Centro de Información á Muller do Concello de Boqueixón e que está subvencionada con cargo ao Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025