Axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2026/2027

O Concello de Boqueixón informa de que o DOG de hoxe vén de publicar a orde que regula as axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2026/2027. O prazo para presentar solicitude abrirase mañá martes 19 de maio e pecharase o vindeiro 19 de xuño de 2026.

Así, o BOP de hoxe publica a ORDE do 29 de abril de 2026 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2026/27 .

Obxecto da convocatoria

Esta orde ten por obxecto regular, no ámbito dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos e para o curso 2026/27, os procedementos:

  • – ED330B. Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.
  • – ED330G. Aceptación da participación como entidade colaboradora no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.
  • – ED330H. Rexistro de librarías/establecementos. Axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

O procedemento administrativo ED330B comprende:

  • a) A participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (en diante, EP) e en 1º, 2º, 3º e 4º de educación secundaria
    obrigatoria (en diante, ESO). Nestes cursos manteranse os libros de texto do curso escolar 2025/26.
  • b) A convocatoria de axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educación especial (en diante, EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído no artigo 2.2.b) desta orde.
  • c) A convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

Prazo para presentar solicitudes

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 19 de xuño de 2026 (este incluído).

Máisi nformación 

Pregunta no teu centro educativo.

Adxuntos

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025