A Rede Eusumo organiza a xornada en liña «Coñece as particularidades das entidades de economía social»

A Xunta de Galicia e a Rede Eusumo, á que pertence o Concello de Boqueixón, organiza a xornada en liña «Coñece as particularidades das entidades de economía social», que terá lugar o próximo 25 de xuño, de 12:30 a 13:45 horas. A participación é totalmente de balde e as inscricións estarán abertas ata o 24 de xuño a través deste enlace.

Trátase dunha charla de emprendemento que pretende amosar as vantaxes da economía social e o cooperativismo como fórmulas de emprender un negocio. Para iso, falarase sobre os valores da economía social, as características e clases de cooperativas, así como as particularidades das sociedades limitadas laborais e outras fórmulas xurídicas. Unha sesión na que se detallarán os apoios e financiamento dispoñibles para estas iniciativas.

 

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025