O Concello de Boqueixón abre o prazo de inscrición para participar na duodécima edición do Concurso de Fotografía “Boqueixón en Imaxes”, unha iniciativa que ten como obxectivo fomentar a creación artística e poñer en valor a riqueza natural, histórica, cultural e etnográfica do municipio.
Tema e características das imaxes
A temática do certame versará sobre aspectos que reflictan o patrimonio e a paisaxe de Boqueixón a través de paisaxes, festas ou eventos que se desenvolvan dentro do termo municipal e que sexan claramente identificables. Formato: As imaxes deben ser orixinais e inéditas, presentadas en formato horizontal, cun tamaño de 2000 \ 1500 píxeles e unha resolución mínima de 250 ppp (en formato JPG, tanto en cor como en branco e negro).
- Límite: Cada participante poderá presentar un máximo de tres obras.
- Requisitos: Non se admitirán montaxes nin manipulacións dixitais máis alá de axustes básicos de cor ou procesado. Participantes: O concurso está aberto a calquera persoa (no caso de menores de 18 anos, requirirase autorización do pai, nai ou titor/a). Premios e publicación no Calendario 2027
Entre todos os traballos recibidos, un xurado vinculado ao mundo da imaxe e da fotografía seleccionará doce fotografías. Esas doce imaxes serán as protagonistas do calendario municipal do ano 2027 que edita o Concello.
De entre as doce seleccionadas, elixiranse as tres obras gañadoras, que recibirán os seguintes premios en vales de compra para utilizar nos establecementos do concello:
– Primeiro premio: Vale de 200 €
– Segundo premio: Vale de 100 €
– Terceiro premio: Vale de 50 €
Inscricións e prazo de presentación
As persoa participantes deberán cubrir o formulario de inscrición e adxuntar as fotografías en formato JPG nomeando o arquivo co título da obra e o espazo ou evento representado.
Prazo límite de presentación: 31 de outubro de 2026.
Pendente de Formulario de inscrición
Bases. Concurso Boqueixón en Imaxes 2026