O Concello de Boqueixón organiza a charla «A eclipse solar dende Boqueixón», impartida por Luca Piccotti e José Ángel Docobo, especialistas do Observatorio Astronómico Ramón María Aller. Unha sesión que terá lugar o próximo luns 27 de xullo, ás 2030 horas, no centro de interpretación do Pico Sacro en Lestedo.
A participación é totalmente de balde, se ben o número de prazas é limitado polo que é necesaria inscrición previa en cultura@boqueixon.es ou chamando ao 981 513 115.
A charla está organizada polo Concello de Boqueixón, que conta coa colaboración do Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia, da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, do Observatorio Astronómico Ramón María Aller e Óptica Val.