Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Formación e emprego

Novas ofertas de emprego xullo 2026

29 de xullo de 2026

empregoboqueixon

O Concello de Boqueixón informa da apertura de dous procesos de selección de persoal no eido da atención sociosanitaria e o coidado de persoas: unha oferta para o Servizo de Axuda a Domicilio (SAF) de Boqueixón e outra para un posto de Asistente Persoal no municipio veciño de Vedra.

O Servizo de Axuda a Domicilio do Concello de Boqueixón (SAF Boqueixón) precisa incorporar de xeito inmediato un/unha Auxiliar de Axuda a Domicilio.

– Posto: Auxiliar de Axuda a Domicilio
– Tipo de contrato: Contrato de interinidade a tempo parcial
– Retribución: Salario segundo convenio
– Requisitos: Vehículo propio
– Incorporación: Inmediata

Teléfonos de contacto para inscricións e consultas: 662 196 971 – 604 020 072

A empresa Meular busca un/unha Asistente Persoal para prestar servizo de apoio e asistencia a unha persoa con discapacidade na localidade de Vedra.

– Posto: Asistente persoal
– Tipo de contrato: Contrato indefinido (incorporación inmediata)
– Xornada laboral: 120 horas/més (75,21% da xornada), con quendas de mañá e tarde de luns a sábado.
– Funcións: Atención e aseo persoal, tarefas do fogar, acompañamentos fóra do domicilio, mobilizacións e transferencias (o domicilio conta con grúa) e comunicación mediante o dispositivo electrónico TOBII.
– Requisitos: Valorarse preferiblemente dispoñer do certificado de atención sociosanitaria (a formación non é imprescindible).

Contactos para presentar candidaturas: Teléfonos: 673 115 968 / 663 140 348 Correo electrónico: areasur@asistenciapersoal.gal

Compartir
WhatsApp Facebook Correo