Cursos gratuítos de formación da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela en verán

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela pon en marcha unha serie de cursos gratuítos dirixidos a persoas desempregadas, no marco dos programas Talento Joven e Talento 45+ de cara os meses de verán.

Estas accións formativas teñen modalidade presencial, inclúen diploma acreditativo e contan con beca de transporte para as persoas participantes.

Programa Talento Joven (dirixido a mozos e mozas de 16 a 29 anos)

  • Inglés para el empleo: atención al cliente, turismo, administración y comunicación: Do 24 ao 31 de agosto en horario de 9:00 a 14:00 h
  • Empleabilidad, habilidades profesionales, inteligencia artificial y acceso al empleo: Do 1 ao 9 de outubro en horario de 9:00 a 14:00 h

Programa Talento 45+ (dirixido a persoas desempregadas de 45 a 60 anos)

  • Logística integral, comercio electrónico, gestión de almacén y operación segura de carretillas elevadoras: Do 17 de agosto ao 1 de setembro  en horario de 9:00 a 14:00 h
  • Inglés para el empleo: atención al cliente, turismo, administración y comunicación: Do 16 ao 23 de setembro en horario de 9:00 a 14:00 h

Información e inscricións:

Para solicitar máis información ou formalizar a inscrición, cómpre contactar a través do correo electrónico ou do teléfono de contacto:

Correo electrónico: ana.otero@gdoce.es

Teléfono: 636 936 791

Podes consultar a oferta completa de accións formativas e eventos na web oficial: https://www.camaracompostela.com/eventos/

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025