Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Formación e emprego

Emprego: Condutor/a de camión – transporte de contedores en San Mamede de Rivadulla

14 de setembro de 2026

empregoboqueixon

A axente de Emprego e Desenvolvemento Local de Boqueixón informa de que Sapa Contenedores y Servicios SL busca un condutor/a de camión para transporte de contedores de distintos tipos de residuos, principalmente en Santiago e contorna.

Características:

  • Trátase dun posto local, sen rutas de longa distancia.
  • Traballo diario na zona.
  • Dúrmese na casa todos os días.

Requisitos:

  • Carné de conducir tipo C en vigor.
  • Imprescindible residencia en San Mamede de Rivadulla ou contorna.
  • Condución eficiente e responsable.
  • Cumprimento estricto de normas de tráfico e seguridade viaria.
  •  Valorable experiencia previa en transporte de contedores ou camión grúa.

Funcións:

  • Entrega e recollida de contedores en obras e ubicacións asignadas.
  • Transporte de residuos a planta ou instalacións correspondentes.
  • Manexo responsable do vehículo e revisión básica do mesmo.
  • Trato correcto e profesional con clientes.

Condicións:

  • Xornada completa de luns a venres de 08:00-16:00h.
  • Contrato indefinido.
  • Traballo estable en empresa consolidada.
  • Actividade desarrollada na zona de Santiago e comarca.

Persoas interesadas: enviar candidatura a info@sapacontenedores.com

Compartir
WhatsApp Facebook Correo