Servizo mantemento informático do Concello de Boqueixón

Definición do contrato

Este contrato ten por obxecto o mantemento do equipamento informático segundo o prego de prescricións técnicas.

Órgano contratante: Concello de Boqueixón

 Presuposto base de licitación e crédito no que se ampara:

Negociaranse como criterios o factor prezo e a ampliación do servizo. Asi mesmo tamén se terán en conta as melloras ofertadas. O importe anual do contrato é de 7.200 euros ( IVE incluído) o que supón un gasto mensual de 600 euros/mes ( IVE incluído)

Crédito: con cargo á aplicación 920.216.00 do orzamento xeral

Solvencia económica, financeira e técnica.

Acreditarase de acordo co establecido no art. 75 do TRLCSP polo volume de negocios no ámbito de actividades correspondente ao obxecto do contrato, referida ó ano de maior volume de negocio dos tres últimos anos, que deberá ser ó menos dunha vez e media o valor anual medio do contrato, para o que deberán presentarse as contas anuais aprobadas tal como establece o art. 11.4 a) do Regulamento da Lei de contratos.

Acreditación da solvencia técnica:

 Acreditarase, de acordo co establecido no artigo 78 do TRLCSP, con relación ó art. 11.4.b) do Regulamento da Lei de contratos, cunha relación dos principais servizos ou traballos realizados nos últimos cinco anos que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado, dos mesmos.Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante os correspondentes certificados expedidos polos órganos competentes.

Procedemento de adxudicación:

Tramitación : ordinaria

Procedemento: negociado sen publicidade

 Duración do contrato. Prórroga.

Duración do contrato: 2 anos

Con posibilidade de prórroga por outros dous anos, ano a ano e por mutuo acordo das partes, sendo a duración total do contrato dun máximo de 4 anos.

Prazo para presentación das ofertas: 

15 días hábiles desde a súa publicaciòn neste perfil – Finalización do prazo:  12 de marzo 

Lugar de presentación de ofertas: 

Concello de Boqueixón, Forte s/n – 15881 Boqueixón. Horario de rexistro de luns a venres de 9.00h a 14.30 h.

Pregos administrativos e técnicos

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025