Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Formación e emprego · Axudas

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018

23 de febreiro de 2018

 A Xunta de Galicia publicou no DOG do 7 de febreiro de 2018  a convocatoria de axudas para a realización de actividades en linguas estranxeiras no ano 2018. Ditas axudas están dirixidas a alumnos/as que cursen estudos de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ou de Bacharelato en centros educativos sostidos con fondos públicos. A entrega de axudas realizarase en réxime de concorrencia competitiva.

O prazo de solicitude rematará o próximo 7 de marzo. Para obter máis información información, pódese consultar a web https://www.edu.xunta.es/axudasle/  onde se facilita o acceso a toda a información sobre o proceso.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo