Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Cultura

Éxito da Noite de Cine con arredor de 200 participantes na proxección realizada na Carballeira de Rodiño

14 de xullo de 2018

NoiteDeCineBoqueixon

Arredor de 200 persoas achegáronse onte á noite á Carballeira de Rodiño para disfrutaren dunha sesión de cine ao ar libre Cunha temperatura do máis agradable, cativos, cativas e adultos do municipio de Boqueixón gozaron da proxección do filme Pérez, o ratiño dos teus soños.

Esta actividade foi impulsada polo Departamento de Educación e Cultura do Concello de Boqueixón, en colaboración coa Deputación da Coruña. O obxectivo da mesma é ofrecer unha velada de lecer diferente da man da séptima arte.

 

Compartir
WhatsApp Facebook Correo