Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Formación e emprego

Novo prazo de presentación de solicitudes para o programa Galeuropa: 1 praza para Italia e outra para Irlanda

27 de agosto de 2018

A Agrupación do Val do Ulla -Concellos de Boqueixón, Vedra e Vila de Cruces) abre un novo prazo de solicitudes para o programa Galeuropa. Neste caso, ofértase unha praza para Cork (Irlanda) e outra praza para Sicilia (Italia), ambas para unha estancia de tres meses.  As solicitudes deberanse presentar entre o 27 e o 30 de agosto, ambos inclusive. A ficha de inscrición podes descargala aquí. Máis información: galeuropavaldoulla@gmail.com ou nos teléfonos 981 513 115, 986 582 017, 669 450 801.

Requisitos:

Estar inscritos/as e figurar como beneficiarios/as no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Forma de presentación de solicitudes:

Mediante e-mail  galeuropavaldoulla@gmail.com

 

Documentación a presentar:

 

  • Instancia (ficha de inscrición)
  • Xunto coa seguinte documentación requirida: copia do dni, certificado de garantía xuvenil, currículo europeo en galego e en inglés, xustificante de ser vítima de violencia de xénero ou persoa en risco de exclusión social, se é o caso.

 

O novo prazo de presentación de solicitudes:

Dende o 27 de agosto ata o 30 de agosto inclusive.

 

 Mobilidades ofertadas:

– Italia Sicilia 1praza

– Irlanda Cork 1 praza

 

Duración das mobilidades:  3 meses

 

Mail de contacto: galeuropavaldoulla@gmail.com

Teléfonos de contacto: 981513115, 986582017, 669450801

 

Máis información:

www.boqueixon.gal   www.concellodevedra.com  www.viladecruces.gal

Compartir
WhatsApp Facebook Correo