Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): Boqueixon, CULTURA
  • Publicada o 7 marzo 2019

A Biblioteca Municipal de Boqueixón convoca o VI Certame de Relatos ‘Xosé Neira Vilas’

CartelConcursoNeiraVilasBoqueixon

A Biblioteca Municipal de Boqueixón, en colaboración coa Fundación Xosé Neira Vilas e o CPI Antonio Orza Couto, vén de convocar o VI Certame de Relatos ‘Xosé Neira Vilas’. O obxectivo desta iniciativa é potenciar a lectura e a creatividade literaria entre o estudantado, ademais de fomentar valores como a liberdade, o respecto e a tolerancia.

O concurso está dirixido a alumnos e alumnas de Boqueixón e dos centros educativos do concello de Boqueixón dende 3º de Primaria e para toda Secundaria. A admisión de traballos finalizará o vindeiro 10 de abril e deberanse entregar nas instalacións da biblioteca municipal ou no centro educativo correspondente.

Dacordo coas bases deste certame, cada alumno ou alumna poderá presentar un único traballo, de temática libre. Para garantir o anonimato, o relato irá identificado co número que cada estudante ten na clase acompañado do curso ao que pertence. Tamén se poderá presentar a proposta nun sobre pechado e grampado a ela un documento no que figurarán os datos do/a autor/a (nome e apelidos, idade, curso e teléfono de contacto).

Establécense tres categorías: escolares de 3º e 4º de Educación Primaria; alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria, e estudantado de Educación Secundaria. Para participar neste certame, os relatos deberán ter unha extensión mínima de 20 liñas para os/as participantes da primeira e segunda categorías e de 30 liñas no caso da terceira.

A temática será totalmente libre. Os traballos serán propios e inéditos, escritos a ordenador ou a man –con letra lexible-. O texto será íntegramente en galego e debe conter unha historia orixinal –real ou ficticia- puidendo incluír ilustracións.

Xurado e premios

Unha vez rematado o prazo de entrega de propostas -20 de abril-, o xurado do concurso –composto por un representante da Fundación Neira Vilas, un representante do CPI Antonio Orza Couto e a bibliotecaria do Concello- procederá á valoración dos relatos. O seu fallo farase público na primeira semana de maio a través da web municipal e notificarase individualmente aos vencedores ou vencedoras de cada categoría.

A entrega de galardóns realizarase no salón de actos do CPI Antonio Orza Couto o vindeiro 16 de maio de 2019, dentro da programación co gaio das Letras Galegas. Repartiranse un total de 750 euros en libros entre os gañadores e as gañadoras. Cada categoría contará con tres premios, que serán os seguintes:

  • 1º Premio: diploma, vale de 100 € en libros e un libro editado
  • 2º Premio: diploma, vale de 75 € en libro e un libro editado
  • 3º Premio: diploma, vale de 75 € en libro e un libro editado

Dende o Concello de Boqueixón animan á mocidade a participar nesta quinta edición do Certame de Relatos Xosé Neira Vilas. O concurso recibiu na súa pasada edición preto de 70 traballos.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}