Do 1 ao 30 de abril poderase solicitar as renovacións ou ingresos na Escola Infantil

Do 1 ao 30 de abril poderase solicitar prazas de novo ingreso e renovacións para a Escola Infantil Municipal de Boqueixón.

Requisitos:

Estar empadroado no termo municipal.

Idade de ingreso:

Idade mínima: ter cumprido os tres meses na data de ingreso.

Idade máxima: non ter cumprido os tres anos de idade ao 31 de decembro de 2013.

Documentación a xuntar coa solicitude:

–          Fotocopia compulsada do libro de familia.

–          Fotocopia compulsada do DNI da nai/pai titora ou titor.

–          Certificado de empadroamento e convivencia.

–          Última declaración do IRPF (2011) ou certificación negativa de facenda de non tela presentada, se é o caso certificación de prestación económica para desempregados do INEM.

–          Última nómina, e se é posible contratos de traballo. No caso de ser autónomo fotocopia do último recibo de pago do banco.

–          Nos casos de deficiencias ou enfermidades alegadas polos membros da unidade familiar, certificado médico acreditativo.

–          No caso de minusvalías físicas, psíquicas ou sensoriais, informe do grao minusvalía, así como da necesidade de integración.

–          Documentación acreditativa de incidencias (separación, abandono do fogar, etc…).

–          Informe de Servizos Sociais nos supostos que sexan necesarios.

 

Prégase traer a documentación completa á hora de facer a solicitude ou renovación.

 

Máis información:

Departamento de Servizos Sociais do Concello.

Tel: 981 513 061.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025