Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Actualidade

Bolsas de investimentos para 2013 da Deputación da Coruña

8 de maio de 2013

OBXECTO DA CONVOCATORIA:

O obxecto da presente convocatoria e a concesión de dezaoito bolsas en réxime de publicidade, obxectividade e concurrencia competitiva, destinadas a titulados universitarios que pretendan facer un traballo de investigación no período 2013-2014, cunha duración mínima de nove meses, distribuídas nas seguintes áreas:

Área de ciencias sociais e xurídicas: 3 bolsas.
Área de ciencias: 4 bolsas.
Área de ciencias da saúde: 4 bolsas.
Área de enxeñeria e arquitectura: 2 bolsas.
Área de artes e humanidades: 5 bolsas.

DOTACIÓN ORZAMENTARIA: A dotación das bolsas é de 7.625 € cada unha.

SOLICITANTES: ter residencia residente na provincia da Coruña cunha antigüidade mínima dun ano e reúnan todos os requisitos que de seguido se relacionan:
–Posuír titulación universitaria (licenciado, diplomado, grado o equivalente)
–Non ser titular, no momento no que se produza a adxudicación da bolsa, de ningunha outra bolsa de investigación
– Os titulares de bolsa en anteriores convocatorias, non están excluídos de participar nesta, sempre que cumplan todos os requisitos.

DOCUMENTACIÓN:

–Fotocopia do documento nacional de identidade.
–Certificado de empadroamento cos requisitos establecidos na base 3.2.
–Área das bolsas á que opta, con indicación do proxecto de investigación que vai realizar e o centro no que será levado a cabo. Non se poderá optar a mais dunha área por solicitude.
–No caso de que o traballo esté avaliado por un profesor universitario ou por unha persoa de recoñecido prestixio no campo no que se vai desenvolver a investigación, unha certificación que acredite o dito aval.
–Certificación académica completa na que figure expresamente:
a) A nota media simple do expediente académico.
b) A data de finalización dos estudos.
–Currículo do solicitante xunto coa documentación que considere representativa da sua formación. Se o traballo se vai realizar coa colaboración dun equipo indicarase os estudos e actividades profesionais dos seus integrantes.
–Escrito autorizando á Deputación para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Tributaria e a Seguridade Social con anterioridade aos pagos.
–A documentación poderase presentar en copias simples, tendo en conta que os que resulten titulares das bolsas, terán que realizar no seu momento as compulsas correspondentes.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E DESISTIMENTO: A documentación presentarase no Rexistro Xeral da Deputación ata o 20 de maio de 2013.
+INFO: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2013/04/11/2013_0000004378.html

Compartir
WhatsApp Facebook Correo