
O Concello de Boqueixón de recibir de Adecco esta oferta de emprego para contratar operarios/as de vendima para as subzonas da Ribeira do Ulla e do Val do Salnés.
A data de inicio para incorporarse é a mediados da próxima semana. A campaña durará aproximadamente entre 12 e 14 días, dependendo do estado da uva e da meteoroloxía. Os contratos serán por obra.
A empresa tentará, na medida do posible, organizar cuadrillas de desprazamento para que os traballadores poidan compartir vehículo.
