Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Actualidade

As Xornadas Gastronómicas da Filloa comezarán o 24 de febreiro

17 de febreiro de 2020

O 24 de febreiro comezan as Xornadas Gastronómicas da Filloa en sete locais de Boqueixón. Como cada ano, os consumidores destes locais poderan degustar por un prezo de 2 euros exquisitas tapas elaboradas coa filloa como protagonista.

Os establecementos que participan son: Bar-Restaurante “O Imprevisto”, restaurante “Vente vindo”, café-bar “O 26”, cervexería “O Vikingo”, restaurante “Vía da prata”, Casa de Xantar “Casa Castro” e taberna “O tapeo”.

As xornadas desenvolveranse ata o 29 de febreiro en horario de 12:00 a 15:00 horas e de 21:00 a 23:30 horas.

Descarga aquí o mapa con todas as direccións:  WEB FILLOA PQ

Adxuntos

Compartir
WhatsApp Facebook Correo