
A axencia de emprego temporal busca pintores ou pintoras industriais para a zona de Santiago de Compostela. Un dos requisitos principais é que se teña experiencia de polo menos 6 meses realizando tarefas similares. Os traballos requeridos realizaranse con pintura en chapa, metal, lacado, etc.
Se estás interesado ou interesada nesta oferta podes poñerte en contacto con Adecco a través do email carolina.souto@adecco.com ou chamando ao teléfono 981954870. Para poder solicitar este emprego tes tamén que estar rexistrada na páxina web www.adecco.es.
