Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Actualidade

Comeza a entrega de vales polas xardineiras apadriñadas e amadriñadas en 2020

28 de maio de 2020

Cando estamos a piques de iniciar o mes de xuño, arranca a campaña de entrega de VALES para padriños e madriñas rexistrados de xardineiras de Boqueixón Neste ano 2020. 

Esta acción procura acadar beneficios socioambientais, alongar a vida das plantas nas xardineiras, busca a harmonización e recuperación da contorna rural e, sobre todo,  representa unha achega persoal e artística da veciñanza ó espazo publico.

Os vindeiros días enviarase ás vivendas dos usuarios rexistrados a través do correo ordinario  1 VALE -por cada xardineira apadriñada ou amadriñada- para canxear por plantas de ornamentación. 

Este vale é canxeable nos viveiros de Boqueixón ata o 15 de setembro de 2020.

OPCIÓNS DE CANXEO:

Opción A: 10 plantas  -petunia, begonia, tajete ou clavelina-

Opción B: 5 plantas -surfinia, verbena, xeranio ou guineana-

Coas circunstancias sobrevidas pola pandemia da Covid-19, é imprescindible no momento no que se vaia a canxear ver a dispoñibilidade do produto ou ver posibilidade de substitución por outro produto de condicións semellantes.

VIVEIROS onde canxear:

Isaac Fernández Prieto (Rodiño- Sergude)

Viveiros Compostela SAT (A Corna- Pousada)

María Josefa Sánchez Pernas (Lamas)

Xardín Compostela, SL (Lestedo)  

NOTA: Para canxear o vale pocas plantas é imprescindible presentar o DNI DO PADRIÑO ou MADRIÑA e o VALE ASINADO no viveiro elexido para formalizar o canxeo polas plantas.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo