A Casa Consistorial de Boqueixón tinguirase con cores azuis na noite do domingo 14 ao luns 15 de novembro para conmemorar o Día Mundial da Diabetes. Trátase dunha acción simbólica coa que o Concello busca sensibilizar aos veciños e veciñas sobre esta doenza e amosar o seu apoio á Asociación Coruñesa de Persoas con Diabetes, na súa campaña para darlle visibilidade a esta enfermidade.
A nivel mundial, 1 de cada 10 persoas adultas de entre 20 e 79 anos vive con diabetes tipo 2, aínda que preto da metade descoñece que padece esta patoloxía. Esta enfermidade afecta a cerca de 6 millóns de persoas en España, que podería aforrar preto de 900 millóns de euros en gasto sanitario se o investira en educación e prevención da diabetes.