Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Emerxencias Boqueixón

A unidade móbil para doazón de sangue estará o venres 10 en Lestedo

7 de decembro de 2021

Lestedo

Unha das dez unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue desprazarase a Boqueixón este venres 10 de decembro na procura de doazóns de sangue. A unidade móbil emprazarase en Lestedo, diante de Abanca, entre as 16:000 e as 21:00 horas.

Na situación actual, na que debemos gardar certas prevencións sociais para preservar a saúde de todos, en ADOS traballan con cita previa para así evitar esperas e graduar a alfuencia de persoas doadoras. Para reservar cita só é preciso chamar ao: 900 100 828. Nestes momentos son especialmente necesarias as doazóns dos tipos 0+ e 0-.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo