
O grupo de teatro de maiores do Centro Social de Vedra presentará a súa obra “Terapia alternativa” na casa da cultura de Camporrapado o vindeiro domingo 24 de abril, ás 19:00 horas. A asistencia é totalmente de balde, se ben as persoas que desexen acudir teñen que anotarse no departamento de Cultura (981 513 115) ou cultura@boqueixon.gal.
Unha actuación que serverá de adianto da estrea da obra “Un morto moi vivo”, que terá lugar no mesmo auditorio da casa da cultura de Camporrapado a cargo do Club de Maiores de Boqueixón. Será o sábado 7 de maio, ás 19:00 horas.
