Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Cultura

Descarga e desfruta do Libro do VIII Certame de relato curto “Xosé Neira Vilas”

14 de xuño de 2022

O Concello de Boqueixón comparte contigo o libro que recolle as creacións literarias premiadas no  VIII Certame de relato curto “Xosé Neira vilas”. Desfruta tanto dos textos gañadores nas súas respectivas categorías da man de Noa Méndez Picallo (“Viaxar non costa nada”), Nerea Rendo Sánchez (“Celtia, a pequena guerreira”) e Fátima de la Iglesia Lobato (“A canción de Limia”); como das finalistas das distintas categorías: Candela Suárez Méndez e Mara Prieto Fernández (Secundaria), Carolina Fernández Chas e Brais Torres Aldrey (5º e 6º de Primaria) e Sofía Liñares García e Nora Rouco González (3º e 4º de Primaria).

Lembramos que o xurado do VIII Certame de relato curto “Xosé Neira Vilas” estivo composto por Mª Rosario Golmar Saavedra, membro do padroado da Fundación Xosé Neira Vilas, Maria Fe Pérez García, profesora de Lingua e Literatura Galega do CPIP Antonio Orza Couto, Mª Sonia Rodríguez Varela, membro da Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio e Rosario Iglesias Iglesias, técnica municipal de Cultura.

Adxuntos

Compartir
WhatsApp Facebook Correo