
O Pico Sacro acolleu a observación astronómica “A vía láctea e outros motivos xacobeos do Camiño”, unha iniciativa gratuíta impartida por integrantes do equipo do Observatorio Astronómico Ramón María Aller que reuniu a unha trintena de persoas. O tempo acompañou, o que facilitou a observación e as explicacións dos técnicos.
Esta cita astronómica foi organizada polo Departamento de Educación e Cultura do Concello de Boqueixón, en colaboración co Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, dentro do programa “O Camiño das Estrelas. As estrelas do Camiño”, O teu Xacobeo.
