Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Cultura

A Agrupación Teatral Pedroso (Narón) pecha este domingo o ciclo de teatro BocAberta

24 de novembro de 2022

A Casa da Cultura de Camporrapado acollerá este domingo 27 de novembro, ás 17:30 horas, a derradeira sesión do ciclo de teatro “BocAberta”, organizado polo Concello de Boqueixón en colaboración coa Deputación da Coruña.

A agrupación teatral Pedroso (Narón) será a encargada de pechar a edición de 2022 cunha nova comedia: “Nin o demo entende as mulleres”. Como no resto do ciclo, a entrada será libre e de balde ata completar aforo.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo