
O Concello de Boqueixón organiza unha nova edición de Boqueixogo, que terá lugar o venres 6 de xaneiro, a partir das 17:30 horas, no pavillón polideportivo do Forte. Contaremos con obradoiros de maquillaxe e ata cinco inchables con cadanseu monitor: pista militar, barredora, wipeout, inchable tobogán para pequenos e inchable con tobogán para maiores. Entrada libre e de balde.
